Thursday 09 de May de 2024

Prazas vacantes nos Obradoiros de Graffitti organizados polo Concello de Oleiros


O vindeiro luns 18 de marzo ás 10.00 horas ábrese o prazo para optar ás prazas vacantes nos Obradoiros de Graffiti organizados polo Concello de Oleiros e que darán o comezo o venres 5 de abril na escola O castaño, en Perillo.

A actividade terá carácter trimestral e desenvolverase os venres pola tarde, de 16.30 a 18.00 horas o grupo infantil e de 18.00 a 19.30 horas o grupo xuvenil.

As solicitudes poderanse realizar a través da sede electrónica ou de forma presencial na Fábrica de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.